Somos unha asociación creada por uns amigos da comarca das Mariñas, en Abril do ano 2013 no Concello de Paderne e entre os nosos principais fins resaltamos os de:

Custodiar, promover, investigar, inventariar, e defender o patrimonio cultural, material e inmaterial, de Galicia e, moi especialmente, o da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” na provincia da Coruña.

En xeral e a tódolos niveis, promover e coidar a lingua, o patrimonio, a cultura e o medioambiente de Galicia.

Para acadar estes fins queremos cooperar de maneira activa con todos os concellos da comarca.

Dispoñemos de persoal cualificado e con ampla experiencia na prospección, escavación, conservación e posta en valor de bens patrimoniais.

Tamén na creación de roteiros turísticos, culturais e medioambientais.

Igualmente na celebración de charlas e seminarios sobre patrimonio, medioambiente e turismo.