“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.

Cando chegamos  á igrexa románica de Santa María de Pontellas, de estilo románico rural pero alterado en gran parte polas reformas levadas a cabo en diversas épocas, é bo ollar atrás para ver a Ría de Betanzos e os meandros do Mandeo, zona núcleo da Reserva da Biosfera.

Despois, continuaremos o camiño deixando o castro e o pazo de Illobre a dereita. Seguimos ata o  santuario da Nosa Señora das Angustias, construido no segundo tercio do século XVIII a base de limosnas dos fieis.

Cruzámola estrada da Coruña, con máximo coidado, baixamos uns metros e collemos a dereita polo fondo e antigo Camiño da Condomiña, que  foi antano o Camiño Real que ía cara a Coruña. Baixamos ata o barrio da Madalena donde se alza a modesta capeliña dese nome, de finais do

XVIII e notablemente modificada no XX, hoxe privada, e o único resto do desaparecido hospital de lazarados contiguo a mesma. As casiñas da esquerda son a modificación das casetas nas que vivian os pacientes, quenes vivian das limosnas dos viandantes.