“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.

Pasamos o cruceiro coa sua tradicional mesa para responsos ao defunto e chegamos a igrexa de san Xoán de  Ouces.

Dentro atopamos o sepulcro monumental do seu promotor, o crego Fernán Pérez de Ouces, [ano 1287].

E duas imaxes de Santiago, unha vestido de peregrino que nos confirman nun camiño xacobeo.

No cimiterio a tumba do escritor e filósofo galego Xoan Vicente Viqueira.

Seguimos a pista asfaltada bordeando o castro de Reboredo ata Bergondiño, onde xuntamos coa ruta azul, chegando ao pouco a san Salvador de Bergondo.

Seguimos pola estrada deixando a esquerda o castro de Reboredo, despois o Castro do “Monte do Frade”, e varios antigos caserios a dereita, ata chegar a Bergondiño, xuntarnos coa ruta azul e chegar a san Salvador de Bergondo.

Esta estrada non dispón de beirarúas. Marchar con prudencia.