“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.

A igrexa e mosteiro abacial de San Salvador de Bergondo fúndase no século XI. Arde no 1328 e, é reconstruido por Fernán Pérez de Andrade que o dota dun claustro similar ó de San Francisco de Betanzos.

Seguimos a rentes da parede exterior do cimiterio e cruzamos, con moito ollo, a estrada da Coruña (antes de santa Marta de Babio).

Baixamos por Leiras, deixamos a esquerda o “camiño dos Mouros” e “os Castros” (Carrio), que cita Vales, até a estrada Sada-Betanzos. Cruzámola, de novo con coidado, subimos uns metros e baixamos xa por Covas e —– ata atopar de novo a estrada.

Volta a cruzala para chegar a Miodelo e o seu regato,  “Río Randulphi” das antigas crónicas.

Cruzamolo regato de Miodelo e subimos baixo carballos e castaños ata Pontellas. Ruta  verde

A igrexa e mosteiro abacial de San Salvador de Bergondo fúndase no século XI. Arde no 1328 e, é reconstruido por Fernán Pérez de Andrade que o dota dun claustro similar ó de San Francisco de Betanzos.

Saimos pola esquerda ata a capela de san Cidre (san Isidro) donde ataoparemos varios locales gastronómicos para facer unha pausa. Viramos a dereita cara a casa do Concello. Cruzamos a estrada da Coruña polo paso de peóns e baixamos ata a estrada Sada-Betanzos. Volvemos a cruzala polo paso de peóns e viramos cara a A Senra. Edificio edificado por emigrantes bergondeses en estilo “indiano”, hoxe é centro cultural e auditorio municipal.

Baixamos pola aldea de Mariñan ata, cruzando a estrada de Miodelo-ao Pedrido, enganchar coa “Ruta Mariñana” que seguiremos ata chegar a Miodelo.

A esquerda deixamos o Pazo de Mariñán e o un Observatorio Ornitolóxico da Reserva da Biosfera“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Cruzamos o regato de Miodelo e subimos baixo carballos e castaños ata Pontellas.