“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.

Saimos do Porto de Fontan, subimos as escaleiras e imos visitar os restos do “Castelo de Fontán”, voltamos e atravesamos este precioso recuncho cheo de casiñas cos seus balconciños de estilo mariñán. Atravesamos baixo a estrada e subimos cara a Sadadarriba onde teremos unha preciosas vistas a Ria. Pasamos perto da igrexa, sin interese arquitectónico hoxendia, e achegámonos a Sada. Temos a esquerda os restos dunha casa blasonada, antigo pazo, baixamos a rua principal e seguimola ata a capela de san Roque. Aqui viramos a dereita para seguir pola rua paralela, donde podemos disfrutar da gastronomia da cidade. Tamén poderiamos visitar as Brañas, tomar algo na Terraza, ou ir a praia. Remataremos este tramo no panel da costa de Ouces, na estrada de Armuño, frente ao Pazo de Oreiro (mansión que no seu dia tiña na capela unha imaxe de Santiago na batalla de Clavijo, foi doada a Emilia Pardo Bazán e levada ao pazo de Meirás)