“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.

2º TRAMO

COSTA DE OUCES – SAN SALVADOR DE BERGONDO

Ruta azul

Continuamos polas aldeas de Mesoiro, O Casal e Río -“remansos campestres”, con varias edificacións con xardíns e arquitectura “indiana”, muy típica das Mariñas, perfilándose a certa distancia o “altivo e forte” castro da Fragachán ou de Reboredo. A Areosa seguidamente, coa idílica aldeiña de Bergondiño , e a esquerda, o castro de Bergondo ou “Monte do Frade”.

Chegamos así ao adro da igrexia parroquial de San Salvador de Bergondo -Burgundium nos documentos medievaiss-, e os restos do mosteiro benedictino dese nome.

 

Ruta verde

2º TRAMO

DACOSTA DE OUCESA S. SALVADOR DE BERGONDO

Aquí desviámonos da ruta de Vales e baixamos por A Lagoa e Ouces nun tramo con vellas casonas e antigos pazos, nos que asombran os espectaculares xardíns cheos de árbores exóticas, na maioría de orixe americana.

E para afirmar o sentido xacobeo do camiño, atopamos na entrada do pazo da Lagoa, hoxe convertido en hostal, uns relevos en pedra non moi antigos polo que parece, coa imaxe do rei David, imitando ó da porta de Praterías da catedral de Santiago, e unha escena da  “Translatio”  do corpò do Apóstolo”.

Chegamos logo ao cruceiro e a igrexa de san Xoán de Ouces.