“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.

Chegamos ao barrio da Madalena coa sua modesta capeliña de fines do s. XVIII, moi modificada no XX. Resto único do desaparecido hospital de lazarados contiguo a mesma. Aínda hoxe se venera dentro ó apestado San Lázaro.

A dereita quedannos os restos da «Fábrica de Curtidos La Magdalena», da Famila Etcheverría, que funcionou boa parte do s. XIX e ata 1914. Na Guerra Civil de 1936-1939 foi campo de concentración, e alí estiveron moitos presos políticos republicanos, vascos e cataláns, entre eles Vicente Ferrer.

Dende aquí os peregrinos adentrábanse na cidade pola Ponte Nova, cruzando o Mendo, a Porta das Donas, e subindo a Rúa dos Ferreiros chegarían a Igrexa de Santiago, donde podían pasar baixo a Porta do Perdón, e, caso de non poder seguir camiño, obter así alí o xubileo. Punto final do noso traxecto.

Outros marcharían directamente a Compostela seguindo o camiño do Carregal, donde hoxe se ubica o parque do Pastempo, pola calzada das Cascas, a rentes do vello mosteiro de Xanrozo, tamén chamado “Das Donas”.