ROTEIRO INAUGURAL SÁBADO 29 DE SETEMBRO

Saída ás 9 da mañá das escaleiras no porto de Fontán. Pararemos a picar algo a mediodía a altura de san Isidro. Seguiremos a ruta verde a partir de Sada ata Miodelo. Visitaremos lugares emblemáticos da ruta e contaremos con expertos para explicarnos os intereses culturais, naturais, arquitectónicos, etc. que nela se atopan… Castelo de Fontán, capela de san Roque, pazos da Lagoa, igrexa de Ouces, san Salvador de Bergondo, a Senra, pazo Mariñán, Miodelo, santa Mª de Pontellas, a Angustia, a Magdalena, Santiago de Betanzos…

Disporemos dun bus en Betanzos para traer xente de volta a Bergondo e Sada.

Prezo 25 euros adultos. 15 euros menores de 14 anos.
Inclúe seguro, comida e autobús.

Prazas limitadas, necesario apuntarse: email info@vedoreira.org ou ao número de tfno: 665 225 988

Indicando nome e nº de persoas.

Pago por transferencia (consultar número de conta) ou ó contado ó inicio da ruta.

COLABORAN

      

“O CAMIÑO MARIÑAN”, está baseado nun antigo Camiño de Peregrinación a Santiago de Compostela, que o profesor Francisco Vales Villamarín describe nos anos 50 do pasado século, perdeuse a documentación, e unha vez atopada a finais dos anos 90, foi publicado no Anuario Brigantino en 2002, estudiado e dado a conocer pola Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural “VEDOREIRA” no ano 2014.

Os peregrinos desembarcaban no porto de Fontán e de aquí marchaban a Betanzos para seguir logo camiño a Compostela. No ano 2017 os concellos de Sada, Bergondo e Betanzos acordan convertilo en Ruta Turística, e seguindo o estudio do ano 2014 ofértanse duas rutas. Unha en azul, que se corresponde co trazado orixinal, e unha en verde, que se corresponde co trazado alternativo do dito estudio. Esta antiga ruta será así reaprobeitada para uso cultural, paisaxístico, gastronómico, deportivo, etc. Para seguilo atoparán Vds. sinais coas cores azuis ou verdes e o logotipo, segundo que ruta sigan, tambén unhas brancas no chan con frechas de dirección roxas, nos tramos dubidosos.

Dado que hoxe en dia gran parte do trazado é urbano, semiurbano e cruza estradas, pregámoslles teñan precaución máxima nas zonas sinaladas como perigosas, usen chaleques refletantes, camiñen pola esquerda, leven os nenos da man e non invadan as vias de tránsito dos vehículos.